RESUMO
O obxectivo deste estudo foi analizar o tipo de formación parental que reciben as familias na provincia de Pontevedra e identificar si se ofertan contidos axeitados para o exercicio da parentalidade positiva. Os datos aportados por 58 centros educativos, indicaron que os programas soen facerse cunha periodicidade mensual ou trimestral e consisten maioritariamente en «charlas de expertos». A asistencia por parte das familias non é moi alta, e a medida que descende o nivel socioeconómico das familias faino tamén o nivel de implicación das mesmas.
RESUMO
Este traballo centrouse en analizar seis programas españois de educación parental. Os resultados indicaron que os obxectivos destes programas foron desenvolver estratexias persoais, emocionais e educativas a través de contidos vinculados coa resolución de conflitos, a xestión do estrés, a axeitada comunicación entre os membros da familia e a corresponsabilidade parental. A avaliación da eficacia realizouse a través de deseños de casos e controis e deseños pre-post test en observación e rexistro condutual, e medidas psicometicas/cuestionarios. Os programas de parentalidade positiva resultaron eficaces; provocaron melloría nas habilidades parentais e as competencias cognitivas e emocionais, mellorando a atención que reciben os fillos e fillas.
RESUMO
O obxectivo deste estudo foi analizar o perfil dos dinamizadores e dinamizadoras das escolas de nais e pais dos centros educativos de escolaridade obrigatoria das provincias de Pontevedra e Ourense. A finalidade foi ver se o perfil destes profesionais cumpría coas características e as boas prácticas que a literatura científica estableceu en parentalidade positiva. Os datos aportados por 71 centros indicaron que, en xeral, se opta polo emprego de expertos que acoden aos centros a impartir «charlas» ás familias. Os resultados permiten reflexionar sobre novas formas de actuación, que deben partir dunha correcta preparación dos profesionais que poñen en marcha estas iniciativas de formación parental.
Fariña, F. & Sánchez, V. (2022). La figura del dinamizador/a en las escuelas de madres y padres. En Investigación de variables sicológicas y educativas en el ámbito escolar (pp. 479-486). Dykinson. ISBN: 978-84-1122-874-9.
Exposto en: CA18123 – The European Family Support Network. A bottom-up, evidence-based
and multidisciplinary approach (EurofamNet) Belgrade (Serbia), 2023 May 9-11
Exposto en: III Xornada de Investigación do Campus Crea. Presentación do traballo
“Programas de educación en parentalidad postitiva en las escuelas de
madres y padres de Galicia”. Escola de Enxeñaría Forestal os días 10 e
11, novembro de 2021.